martes, 23 de febrero de 2010

Actividad económica muradana. Una visión subjetiva.

O vindeiro sábado 6 de marzo, no salón de actos da Casa da Cultura de Muros, terá lugar a presentación do libro "ACTIVIDAD ECONÓMICA MURADANA. Una visión subjetiva" obra de D. Domingo A. Guerra París.

Unha boa oportunidade de aprendermos algo mais sobre o noso pobo.
Agardámoste.

domingo, 15 de noviembre de 2009

Lotaría Nadal 2009


Sen ánimo de continuidade, pasamos do verán ao nadal (vaia actividade intensa a deste blog...). Xa temos a venda a lotería do nadal 2009, se queredes conquerila poñedevos en contacto no correo electrónico da Peña ou ben podedela adquirir no Hotel A Muradana (Muros , evidentemente, non ten pérdida...). Apurádebos que despois da de Doña Manolita e a da Bruxa de ouro... esta é a mais buscada, porque non so xogas dous euros a cada número por participación, senon que xogas tamen 1 euro para o sorteo dunha fin de semana en Mallorca para dúas persoas (avión + apartamento incluidos) ¿que mais se pode pedir?...pois que toque.



miércoles, 5 de agosto de 2009

ACTIVIDADES VERAN 2009

ACTIVIDADES VERÁN 2009

A.C.R. PEÑA MURADANA CELTISTA “CUADRILLA DE PEPA A LOBA”

XIV ROMERIA DA PEÑA.

SABADO, 08 DE AGOSTO 2009

LUGAR: ANCORADOIRO

HORA: A PARTIR DAS 13 H..

A sardiñada e churrascada terá lugar dependendo do nivel de risco de incendios que se publicitará cada día. De non poder utilizar os asadores organizariase igualmente con comida fría.

CEA-BAILE INICIO TEMPADA

VENRES, 14 DE AGOSTO

LUGAR: RESTAURANTE CALIFORNIA (ROGELITA)

HORA: A PARTIR DAS 22.30 H.

COBRARASE UNHA MÓDICA CANTIDADE DE 10 EUROS, DOS CALES 5 SON PARA PALIAR UN POUCO OS CUSTES E PODER CALCULAR A COMIDA DE XEITO QUE NIN FALTE NIN SOBRE E OUTROS 5 € IRAN DESTIÑADOS PARA O COMEDOR DE TOTORA-K, BOLIVIA. A PEÑA PAGARÁ UN BARRIL DE CERVEXA, UNHA PEQUENA POTA DE SANGRIA A CEA FRÍA E NON HABERÁ GRUPO MUSICAL, A ANIMACION MUSICAL PREFERIBLEMENTE DOS ANOS 80/90 SERÁ CON PINCHADISCOS.

COMA SEMPRE ESTÁ ABERTO A TODO O MUNDO PERO PARA QUE O RESTAURANTE POIDA PREVER A COMIDA A FACER HABERÁ QUE INSCRIBIRSE E A DATA LÍMITE SERÁ O DOMINGO 9 DE AGOSTO (non haberá escepcións para as/os socias/os que están habitualmente en Muros no verán) BEN NO MURADANA (981826885), NO TELEFONO DA PEÑA (635566880) OU EN pepalobacelta@ yahoo.es.

SI ALGUEN ESTIMA QUE SE TERÍA QUE CELEBRAR EN OUTRO LUGAR QUE NO LO FAGA SABER E LLE DEIXAMOS QUE O ORGANICE O PRÓXIMO ANO.



Esta seguro que entra dentro dos 80 e dos 90 (ainda que sexa do 78).Que ninguén saque conclusións precipitadas sobre a media de idade dos membr@s da Peña.




FESTA PARA AS/OS NENAS/OS NO ESPADANAL

A DETERMINAR O DÍA, CONTACTAR CON LOLA A MULLER DE MIGUEL DA FARMACIA.

LUGAR: PRAIA DO ESPADANAL

HORA: A PARTIR DAS 18 HORAS.

Tanto na Romaría como na Cea-Baile poderase consultar o albún de fotos sobre Totora-K así como unha memoria que nos enviaron sobre o comedor e os pavillóns que se van a construir.

martes, 2 de junio de 2009

Viaxe a Vigo. Sábado 06/06/09. Celta-Alavés.




O sábado que ven organizamos unha viaxe con nenos e nenas a Vigo para ver o Celta-Alavés. Todos e todas que estén interesados que avisen para reservar entradas.
Bus+entrada Casa das Palabras+entrada a Balaidos:
Crianzas: GRATIS
MAIORES: 10 €.
Saida: Ás 13.00 h. de Muros
Volta: Despois do partido.
PRECISAMOS VOLUNTARIOS PARA COORDINADORES. TERÁN TODO GRATIS.
Temos autorizacións por si algún pai ou nai queren enviar a algún fillo ou algunha filla.

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!