miércoles, 15 de octubre de 2008

Festival Solidario “Todos con Bolato”

No ano 2000 na XIII Baixada das Carrilanas de Esteiro, houbo un desgraciado accidente co resultado da morte de un participante quen asinara un documento no que expresaba que coñecía o traxecto, o risco que corría e eximía de toda responsabilidade á organización. Os familiares do falecido solicitaron unha indemnización que finalmente lles foi recoñecida por vía xudicial.. O resultado foi que lles tiñan que pagar 14.645 € cada un; a compañía de seguros, o concello, a asociación que o organizaba e o directivo que solicitou os permisos.

Sin entrar a valorar o sistema xudicial, consideramos que non é de recibo que un directivo dunha asociación, quen sacrifica moitas horas da sua vida privada por favorecer o lecer dos demáis, e unha asociación que lle dá nome e prestixio ao concello, tivesen que soportar un quebranto económico por un desgraciado accidente.

Para o sábado, 18 de outubro, unha comisión, composta por varias asociacións do Concello, está a organizar un festival solidario con actuacións de variados grupos do Concello co gallo de recadar fondos para facer fronte aos 4.645 € que o directivo, Rodrigo Molinos, lle resta por pagar.

Outra posibilidade para recadar fondos vai ser a habilitación dunha fila 0 por si alguén que non poida asistir ao evento quere colaborar económicamente. Para elo está aberta a conta 2091-0338-29-3040004796 en Caixa Galicia de esteiro a nome de Festival Solidario Carrilanas de Esteiro.

Cos cartos recadados vaise axudar a afrontar a débeda pendente.e si finalmente houbese diñeiro sobrante, éste iría para unha Ong a decidir entre as Asociacións organizadoras do evento.

Que disfruten da velada.


Marco Antón Loxo Vilas

COMISION ORGANIZADORA DO FESTIVAL SOLIDARIO CARRILANAS DE ESTEIRO. “TODOS CON BOLATO”

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMA
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

FESTIVAL SOLIDARIO CARRILANAS ESTEIRO

SÁBADO 18 DE OUTUBRO DE 2008


A PARTIR DAS 18,00 H. PASARRUAS CA CHARANGA “NBA”.

ENTRADA SOLIDARIA: 2 €.

PAVILLON DEPORTIVO DE ESTEIRO

ACTUACION GRUPOS FOLKLORICOS E CORAIS PRESENTADO POR VICTOR FABREGAS ( DOS TONECHOS)

EXPOSICIÓN DE CARRILANAS DE GERENTE.

18,00 H. GRUPO FOLKLORICO XIMIELA

18,30 H. GRUPO FOLKLORICO XEITURA

19,00 H. CORAL SANTA MARIÑA DE ESTEIRO

19,30 H. GRUPO FOLKLORICO GALANIA

20,00 H. CORAL POLIFONICA DE LOURO

20,30 H. CORAL DON DIEGO DE MUROS

AS 21,00 H. CHARANGA “OS CABERNICOLAS DO LEIRADAL”

CAMPO DE FUTBOL DE ESTEIRO

CONCERTO DE ROCK PRESENTADO POR MANOLO LAGO (TARUJO)

AS 23,00 H. SUISS

AS 24,00 H. TRAPOS SUCIOS

AS 01,00 H. U-TRES

AS 02,00 H. METRALLA


SI NON PODES ASISTIR E QUERES COLABORAR, HABILITOUSE UNHA FILA 0 PARA FACER UNHA APORTACION ECONOMICA NA CONTA 2091-0338-29-3040004796 A NOME DE FESTIVAL SOLIDARIO CARRILANAS ESTEIRO

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!

jueves, 9 de octubre de 2008

Totora- K.

O misioneiro muradán Francisco Dubert ven desenvolvendo a sua labor no pobo de Totora-K (Bolivia). Dende aquí vaia o noso recoñecemento.
Estas son fotos da visita de membros da peña a Totora-K.