| O Celta regresa a Balaídos cunha soa idea, volver gañar. Recibe este sábado (18.00 horas) ao VillarrealB con baixas, coa dor das dúas derrotas sufridas, pero co ánimo enteiro e unha esperanza, que a súa afección lle axude a levantarse. Co obxectivo de multiplicar o imprescindible alento da bancada, de xerar un grande ambiente, o club pon a disposición dos seguidores entradas para Marcador a só 10 euros. |
| Cos obxectivos de que Balaídos rexistre unha boa entrada, que lle tenda a man ao equipo para axudalo a incorporarse tras os seus dous últimos tropezóns, o club mantén os prezos habituais e lanza unha oferta especial para Marcador. Os afeccionados poden adquirir entradas para esa bancada por tan só dez euros, un notable desconto para que Balaídos rexistre un grande ambiente, unha nova onda celeste, nun partido de moita esixencia para un Celta que ten a necesidade de gañar. Haberá ademais canóns de serpentinas nos asentos desa bancada co fin de xerar un ambiente festivo que contaxie ao resto do estadio e ao propio equipo, que debe erguerse canto antes para seguir mantendo a súa posición de privilexio na táboa. Os prezos das entradas oscilan entre os 10 euros de Marcador e os 45 de Tribuna. As entradas de Río Alto e Baixo poden adquirirse por 35 euros, as de Río Baixo Lateral, Preferencia e Gol por 30 e as de Fondo-Preferencia Lateral por 15 euros. A oficina de aboados estará aberta de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas. O sábado abrirá de 16.30 a 18.00 horas. Os despachos do estadio permanecerán abertos o día do partido dende as 10.00 ata as 18.00 horas de xeito ininterrompido. |
jueves, 10 de marzo de 2011
APOIO O R.C. CELTA
miércoles, 4 de junio de 2008
Cea de Giovanella
A Xunta Directiva da FEDERACION DE PEÑAS DO REAL CLUBE CELTA DE VIGO SAD, informalle que a celebración da cea de despedida a Giovanella, vai ser o proximo venres 13 de Xuño, no Hotel Coia as 22 horas.
Menú
Aperitivo variado
(empanada de zamburiñas, xamón serrano, canapés artesáns, luras á romana)
Langostinos duas salsas
Entrecot á prancha
c/ bouquetier de legumes e champiñones
Torta de froitas
Bebidas, Café e licores
32 €
Chama os telefonos: 609856495 ó 636470057
Ata o dia 8 de Xuño.
lunes, 2 de junio de 2008
Nota de prensa da Federación de Peñas
Que a Xunta Directiva da Federación de Peñas, non ten un portavoz oficial, sendo a Presidenta a que ten a potestade para efectuar as declaracions que crea oportunas en nome da Xunta Directiva.
Que ante as declaracions efectuadas polo Presidente da Peña Celtista Rikitri, estas son a título persoal e en ningún intre a Federación de Peñas e responsable das mesmas.
Sin nada mais que informar e quedando a súa enteira disposición, aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
Asdo: A Xunta Directiva. Vigo 2 de xuño de 2008.
