miércoles, 1 de septiembre de 2010

CEA SOLIDARIA DO CÍRCULO DE RECREO NAUTICO MURADAN.

Boas,
O Círculo de Recreo Náutico Muradán organiza unha cea solidaria no Marbella, este sábado a partir das 22 h. O prezo é de 25 € dos cales 5€ irán destinados aos dannificados polas inundacións de Pakistán. O recadado vaino canalizar Cáritas de Muros.
Grabado: Antón caamaño.
 
A data límite para inscribirse é o xoves, 2.
Vai haber liña de taxis para ir e volver.
Unha aperta,

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!

martes, 1 de junio de 2010

Voluntarios




Para as xornadas da Cultura Mariñeira a celebrar do 9 ao 11 de xullo imos montar unha tasca mariñeira destiñando o beneficio para mercar mobles para o internado e o comedor de Totora-K  do que xa se rematou de liquidar a obra . Precisamos de voluntarios para traballar na tasca. Agradecemos respostedes rápido pois temos que facerllo saber a organización e precisarlles as actividades que estemos dispostos a realizar.
Unha aperta,

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!

miércoles, 26 de mayo de 2010

EXCURSION A VIGO. CELTA -GIMNASTIC.

O sábado,5 ou domingo, 6 de xuño imos organizar unha excursión a Vigo para ir ver o Celta-Gimnastic de Tarragona con visita á Casa Museo de Rosalía en Padrón, comer nos xardíns da praia de Samil e visita ao Museo da Fundación Celta.
Aqueles que estedes interesados en vir ou que vaian os vosos peques, só tendes que cubrir o impreso que xuntamos.
Unha aperta,

AUTORIZACIÓN. (pincha en autorización para obter o impreso).

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!

martes, 23 de febrero de 2010

Actividad económica muradana. Una visión subjetiva.

O vindeiro sábado 6 de marzo, no salón de actos da Casa da Cultura de Muros, terá lugar a presentación do libro "ACTIVIDAD ECONÓMICA MURADANA. Una visión subjetiva" obra de D. Domingo A. Guerra París.

Unha boa oportunidade de aprendermos algo mais sobre o noso pobo.
Agardámoste.