jueves, 19 de junio de 2008

Campus verán do Celta

Todolos socios e todalas socias que teñan un neno ou nena entre 8 e 14 anos e estén interesados en levalos ao Campus de Verán do Celta que se poñan en contacto mediante o noso correo. A Peña Becará a unha persoa.
Para máis información sobre o Campus, visitar a páxina da Fundación Celta cuxo enlace tendes neste blogue.

miércoles, 4 de junio de 2008

Málaga-Celta 11/07






Cea de Giovanella


A Xunta Directiva da FEDERACION DE PEÑAS DO REAL CLUBE CELTA DE VIGO SAD, informalle que a celebración da cea de despedida a Giovanella, vai ser o proximo venres 13 de Xuño, no Hotel Coia as 22 horas.


  • Menú


  • Aperitivo variado

(empanada de zamburiñas, xamón serrano, canapés artesáns, luras á romana)

  • Langostinos duas salsas

  • Entrecot á prancha

c/ bouquetier de legumes e champiñones

  • Torta de froitas


  • Bebidas, Café e licores


  • 32


Chama os telefonos: 609856495 ó 636470057

Ata o dia 8 de Xuño.

lunes, 2 de junio de 2008

Nota de prensa da Federación de Peñas


A Xunta Directiva da FEDERACION DE PEÑAS DO REAL CLUBE CELTA DE VIGO SAD, ante a publicación nos medios de comunicación de declaracions que se lle imputan a Federación, nos vemos na obrigación de puntualizar ante as Peñas, medios de comunicación e afeccionados en xeral.


  1. Que a Xunta Directiva da Federación de Peñas, non ten un portavoz oficial, sendo a Presidenta a que ten a potestade para efectuar as declaracions que crea oportunas en nome da Xunta Directiva.

  2. Que ante as declaracions efectuadas polo Presidente da Peña Celtista Rikitri, estas son a título persoal e en ningún intre a Federación de Peñas e responsable das mesmas.



Sin nada mais que informar e quedando a súa enteira disposición, aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.




Asdo: A Xunta Directiva. Vigo 2 de xuño de 2008.