jueves, 29 de mayo de 2008

AVANCE VI EDICION FESTIVAL CASTELO ROCK

PRESENTACIÓN DO CARTEL 2008, QUE A ESPERA MEREZA A PENA

O 21 de maio de 2008, deuse a coñecer a composición de grupos para a VI edición do Festival Castelo Rock, despois de meses de espera e inquedanza os cabos do navío xa están atados.

Na xornada do venres 8 de agosto, actuarán (a orde e horarios non se corresponden cos que seguen):
- Salida Nula, grupo de ska madrileño que presentaron o pasado ano o seu disco “Esto no es un Juguete”
- LaMatumbá
, o grupo galego de moda nos últimos anos presentará o seu recente traballo “Paraugas Universal”
- Jabón Blue
, despois do éxito do pasado ano, neste 2008 presentarán By the White, disco publicado nos últimos meses que esta a recibir unha boa crítica.
- Nao
, o grupo da Estrada desembaracará no CR 2008 co seu impresionante traballo “As Palabras Espidas” que se converteu nun dos mellores traballos discográficos galegos do 2007.
Para o sábado 9 de agosto, subiranse ao escenario:
- Barricada
, nada que dicir do grupo navarro, quizais o mellor referente do rocanrol no estado español.
- Porretas,
os de Hortaleza percorren cada ano os festivais máis importantes e dende mediados do noventa convertéronse nun dos principais grupos do chamado rock urbano.
- Kambotes
, o grupo de Rodeiro (Pontevedra) ven de xuntarse neste 2008 despois dun parón de varios anos.
- Trapos Sucios
, os muradáns levarán a nosa terra na súa actuación presentando algún tema novo.

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!

miércoles, 28 de mayo de 2008

primeiro post

con este blogue pretendemos que todos os membros da peña esten mais en contacto e saiban das actividades da peña e doutros acontecementos que sexan do noso interese. Coas túas aportacións: comentarios, fotos, actos...agardamos facer un blogue ameno e útil para todos.