miércoles, 20 de mayo de 2009

INVITACIONS PARA ABOADOS, ENTRADAS A 3 EUROS EN TODAS AS GRADAS…: ¡O CELTA PRECISA A SUA AFECCIÓN!


O Real Club Celta quere facer un chamamento a todo o celtismo para que
acuda este sábado a Balaídos para arroupar ao equipo no seu partido ante o
Murcia, un encontro que pode representar un gran paso adiante para
garantir a permanencia. Para lograr que o estadio se encha de afeccionados,
o club pon a disposición de cada abonado tres invitacións
para a súa mesma grada e fixou un prezo único para todo o estadio e
todas as categorías: 3 euros. Os menores de 14 anos poderán entrar gratis
previa retirada de invitación.

A afección celeste sempre respondeu de xeito exemplar nos
momentos de dificultade do equipo. Agora é un deles, xa que o Celta
loita pola permanencia a falta de seis xornadas para o final do
campionato. O partido deste sábado ante o Murcia (Balaídos, 18.30
horas) pode representar para o equipo celeste un gran paso adiante nesta
feroz batalla e por iso o club fai un chamamento a todo o
celtismo para que alente ao equipo neste crucial encontro.
Co apoio da grada, o Celta buscará tres puntos que lle sitúen nunha
posición aventaxada no tramo decisivo da competición. Co
apoio da grada, a vitoria estará moito máis preto. O club confía en que,
como tantas outras veces, todo aquel que queira ao Celta acuda este sábado
a animar ao equipo, cuxos integrantes repetiron en numerosas
ocasións que o apoio da súa afección foi decisivo en moitos encontros
desta tempada.
Para lograr que Balaídos pobóese de afeccionados neste vital partido
ante o Murcia, o club pon a disposición de cada abonados tres
invitacións para a súa mesma grada, mentres que os menores de 14 anos
poderán acceder ao campo de xeito gratuita previa retirada de invitación.
Ademais, o prezo das entradas de todas as gradas e categorías é
prácticamente simbólico. Todo afeccionado que queira animar ao Celta neste
encontro poderá acudir a Balaídos por tan só tres euros.
Os abonados e menores de 14 anos poderán retirar as súas invitacións e os
afeccionados adquirir as súas entradas na oficina de abonados de luns a venres
en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. As entradas
poñeranse á venda tamén o sábado, día do partido, desde 10 da
mañá e ata a hora do comezo do encontro.


Gabinete de Prensa

Área de Proxección e Marketing

prensa@celtavigo.net



Tlf. 986 110 900

Fax. 986 110 907

www.celtavigo.net

sábado, 9 de mayo de 2009

CASTELO ROCK NA SALA NASA. Maio 2009.



O xoves 14 de maio é o momento que todos estamos a esperar, por fin a ACRD Praia do Castelo toma o paso de espallarse máis aló de Muros e para elo queremos dar a coñecer os nosos grupos no exterior. Así o noso obxectivo é encher a Sala NASA, é un reto moi difícil pero témolo que facer, os nosos grupos débense sentir arroupados fóra das nosas terras, por eso esperamos contar contigo, non podes fallar.

Como xa adiantamos, os concertos terán unha entrada de 8 € en adiantado e 10 € na taquilla, esperamos que o vindeiro luns xa estean os tickets na rúa e será nese mesmo día cando confirmemos os lugares de venda.

Deixamosvos, a seguinte información:

XOVES, 14 DE MAIO - CASTELO ROCK EXPRESSO

Sala NASA - Santiago D.C. (ao lado da Piscina do Campus Sur)

Actuación de:

Kogito, Doomsday Clock e Trapos Sucios

Entradas:

Adiantado: 8,00 €

Taquilla: 10,00 €

Puntos de venda (por confirmar)

Horario de comezo dos concertos: 21h30

Apertura de portas: 21h00

Patrocina: Estrella Galicia

Medio Oficial: Estudio 3 - Radio Galega Música