miércoles, 20 de mayo de 2009

INVITACIONS PARA ABOADOS, ENTRADAS A 3 EUROS EN TODAS AS GRADAS…: ¡O CELTA PRECISA A SUA AFECCIÓN!


O Real Club Celta quere facer un chamamento a todo o celtismo para que
acuda este sábado a Balaídos para arroupar ao equipo no seu partido ante o
Murcia, un encontro que pode representar un gran paso adiante para
garantir a permanencia. Para lograr que o estadio se encha de afeccionados,
o club pon a disposición de cada abonado tres invitacións
para a súa mesma grada e fixou un prezo único para todo o estadio e
todas as categorías: 3 euros. Os menores de 14 anos poderán entrar gratis
previa retirada de invitación.

A afección celeste sempre respondeu de xeito exemplar nos
momentos de dificultade do equipo. Agora é un deles, xa que o Celta
loita pola permanencia a falta de seis xornadas para o final do
campionato. O partido deste sábado ante o Murcia (Balaídos, 18.30
horas) pode representar para o equipo celeste un gran paso adiante nesta
feroz batalla e por iso o club fai un chamamento a todo o
celtismo para que alente ao equipo neste crucial encontro.
Co apoio da grada, o Celta buscará tres puntos que lle sitúen nunha
posición aventaxada no tramo decisivo da competición. Co
apoio da grada, a vitoria estará moito máis preto. O club confía en que,
como tantas outras veces, todo aquel que queira ao Celta acuda este sábado
a animar ao equipo, cuxos integrantes repetiron en numerosas
ocasións que o apoio da súa afección foi decisivo en moitos encontros
desta tempada.
Para lograr que Balaídos pobóese de afeccionados neste vital partido
ante o Murcia, o club pon a disposición de cada abonados tres
invitacións para a súa mesma grada, mentres que os menores de 14 anos
poderán acceder ao campo de xeito gratuita previa retirada de invitación.
Ademais, o prezo das entradas de todas as gradas e categorías é
prácticamente simbólico. Todo afeccionado que queira animar ao Celta neste
encontro poderá acudir a Balaídos por tan só tres euros.
Os abonados e menores de 14 anos poderán retirar as súas invitacións e os
afeccionados adquirir as súas entradas na oficina de abonados de luns a venres
en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. As entradas
poñeranse á venda tamén o sábado, día do partido, desde 10 da
mañá e ata a hora do comezo do encontro.


Gabinete de Prensa

Área de Proxección e Marketing

prensa@celtavigo.net



Tlf. 986 110 900

Fax. 986 110 907

www.celtavigo.net

No hay comentarios: