jueves, 20 de noviembre de 2008

"Mes do Magosto"


Estimados socios e estimadas socias:
producto deste mundo globalizado nos que uns socios ou socias están interrelacionados por varias asociacións, facemovos chegar o programa de actividades "Mes do Magosto" do Círculo de Recreo Náutico Muradán.
O sábado, 22 de novembro, a partir das 19 h., terá lugar lo local de dita Asociación un baile infantil con castañas, lambetadas, xogos e obradoiros de castañas.
O venres, 28 de novembro, a partir das 19 h., haberá a actuación do Mago Pablo. O expectaculo é para todolos públicos.
Estas actividades están abertas a todo o mundo e son de balde polo que vos animamos a participar e levar as vosas nenas e os vosos nenos cas suas amizades.
Saude!

Non a pornografia infantil


No Día Universal do Neno, dende a Peña Muradana Celtista, expresamos a nosa mais profunda repulsa contra a pornografia infantil.

martes, 11 de noviembre de 2008

I Concurso de Redacción Infantil

ASOCIACION CULTURAL RECREATIVA
PEÑA MURADANA CELTISTA “CUADRILLA DE PEPA A LOBA”
HOTEL A MURADANA
AVDA. CASTELAO, S/N
15250 MUROS (A CORUÑA)
CIF: G-15452303
Pepalobacelta@yahoo.es 629-563342, 635566880



A A.C.R. Peña Muradana Celtista “Cuadrilla de Pepa a Loba” convoca o I Concurso de Redacción Infantil, cuxo tema, para os residentes en España, é: ¿Como crees que viven os nenos e as nenas do Altiplano Boliviano? e para os residentes en Bolivia: ¿Que é para ti a Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba?. Este Concurso está composto de dous premios, coa finalidade de promover a creación dunha literatura para nenos e nenas que fomente o gusto pola escritura e lectura, e transmita uns valores humáns, sociais e culturais que axuden a construir un mundo máis digno.

Este premio concederase de acordo coas seguintes bases:

1 Poderan optar ao premio para residentes en España todolos nenos e todalas nenas dos 6 aos 9 anos, calquera que sexa a sua nacionalidade ou procedencia, sempre que a redacción esté escrita nunha das linguas oficiais do estado español e sexan orixinais (no caso de optaren polo euskera ou o catalán acompañadas da traducción ao galego ou castelán). Ao premio para residentes en Bolivia poderán optar todolos nenos e todalas nenas dos 6 aos 9 anos, calquera que sexa a sua nacionalidade ou procedencia, sempre que a redacción esté en castelán, quechua ou aymara (no caso de optaren polo quechua ou aymara acompañadas da traducción ao galego ou castelán). Non poderán optar ao premio familiares directos dos membros do xurado.

2. A extensión da redacción será de 1 páxina e non poderá exceder en 100 palabras. Cada orixinal irá asinado con pseudonimo, acompañado dun sobre pechado con nome, apelidos, enderezo e teléfono ou un correo electrónico de contacto.

3. Os orixinais remitiranse ao seguinte enderezo:

A.C.R. PEÑA MURADANA CELTISTA “CUADRILLA DE PEPA A LOBA”
HOTEL A MURADANA
AVDA. CASTELAO, 99
15250 MUROS

Indicando claramente: para o I Premio de Redacción Infantil Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba.

Publicada a resolución, a asociación convocante reservase o dereito de custodia ou destrucción sen que caiba nengunha reclamación neste senso. A organización non se fai responsable das tardanzas ou calqueira outra circunstancia que poida afectar aos envios das obras participantes nos premios.

4. O prazo de admisión das redaccións pecharase o 15 de decembro de 2008. Admitiranse todolos traballos recibidos ata esa data ou cuxo cuño de correos sexa previo a mesma. Polo feito de presentárense ao concurso, os/as autores comprométense a non retirar a sua obra unha vez presentada ó concurso.

5. O xurado será nomeado pola Asociación convocante, estará composto por dous membros da Asociación, e por dous profesores, a poder ser de literatura, que exerzan no Concello de Muros e a sua composición non se fará pública ata o mesmo día da concesión do premio.

6. A decisión do xurado será inapelable.

7. O xurado estará facultado para resolver calquera cuestión que xurda e non esté establecido nas presentes bases.

8. Establécense 2 premios de 150 €, en material escolar cada un, a repartir entre o gañador e a súa aula a partes iguais. (75 € alumno e 75 € a aula á que pertence).

9. Os gañadores ou gañadoras ceden o dereito exclusivo de explotación, á A.C.R. Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, para todo o mundo e no plazo máximo legal establecido.

10. A Asociación convocante reservase o dereito de publicar calqueira redacción que se presente ao concurso que, non resultando gañadora, resultase interesante.

De acordo co disposto na lei organica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamoslle que os datos dos participantes poden ser incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable a A.C.R. Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, autorizando o seu tratamento automatizado para a sua utilización con fins informativos, promocionais e estadísticos por parte desta. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose o seu tutor ou tutora por escrito, xuntando fotocopia do D.N.I., a A.C.R. Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, Hotel a Muradana, Avda. Castelao, 99, 15250 Muros. Os datos que nos facilite poderán ser utilizados con fins comerciais, incluida publicidade por medios electrónicos, ás entidades que teñen vínculo con esta Asociación. Se vostede non o dexesa, por favor comuníquenolo.