viernes, 5 de abril de 2013

Cousas ben feitas.

Lemos en QPC , non sen certa envexa, que a Fervenza do Ezaro foi a protagonista desta semana santa no eido turístico da Costa da Morte: "Sen lugar a dúbidas, se hai que buscar unha protagonista a esta Semana Santa, pese a quen lle pese, esa foi a Fervenza do Ézaro. Milleiros de visitantes da zona e de todo o país (disque pasan 50.000 ao ano, e aínda non parecen poucos) achegáronse ata o lugar para disfrutar da única fervenza, da península, que desemboca no mar."


Non temos mais que dende aquí, mostrar a nosa humilde felicitación ao Concello de Dumbría e ao punto de información instalado na fervenza pola súa boa labor na promoción turística que beneficia a todos os concellos da costa. Felicitarlles tamen pola cantidade e calidade da información que poñen a disposición dos visitantes. De feito, no punto de información da fervenza podes obter uns preciosos folletos con abundante información sobre distintas rutas para facer na costa (a do Románico, a dos faros...).





No hay comentarios: