sábado, 13 de diciembre de 2008

O futbol base do Celta. Charla con Vlado Gudelj


Charla: O futbol base do Celta

Lugar: Casa da Cultura de Muros

Data: Luns, 15 de decembro.

Hora: 19,15 h.

Participarán Vlado Gudelj, Toni (coordinador das categorías inferiores), os xogadores Dani Abalo e ún do filial por determinar.

Ao rematar, tomaremos uns pinchos no Muradana.

Saida autobuses para nenos/as.

De Esteiro: Bar Plácido, ás 19,00 h.

De Louro: Correos, ás 19,00 h.




viernes, 12 de diciembre de 2008

CASTELO ROCK EXPRESSO 2008

Moi boas, compañeiros/as:

Axuntamos cartel do IV Castelo Rock Expresso que terá lugar o vindeiro 20 de decembro, no Muíño de Mareas do Pozo do Cachón (interior) coas actuacións de:

- Doomsday Clock, grupo do Concello de Muros que se estrean en directo.
- Riff - Raff, consolidado grupo que rende tributo aos AC/DC.

O concerto será de balde, coa aperutra de portas dende as 23h00. Recorda que contas co servizo de transporte nocturno Noitebús (+ info www.muros.es)

Un saúdo e esperamos contar coa túa presenza,
ACRD Praia do Castelo

jueves, 20 de noviembre de 2008

"Mes do Magosto"


Estimados socios e estimadas socias:
producto deste mundo globalizado nos que uns socios ou socias están interrelacionados por varias asociacións, facemovos chegar o programa de actividades "Mes do Magosto" do Círculo de Recreo Náutico Muradán.
O sábado, 22 de novembro, a partir das 19 h., terá lugar lo local de dita Asociación un baile infantil con castañas, lambetadas, xogos e obradoiros de castañas.
O venres, 28 de novembro, a partir das 19 h., haberá a actuación do Mago Pablo. O expectaculo é para todolos públicos.
Estas actividades están abertas a todo o mundo e son de balde polo que vos animamos a participar e levar as vosas nenas e os vosos nenos cas suas amizades.
Saude!

Non a pornografia infantil


No Día Universal do Neno, dende a Peña Muradana Celtista, expresamos a nosa mais profunda repulsa contra a pornografia infantil.