sábado, 9 de mayo de 2009

CASTELO ROCK NA SALA NASA. Maio 2009.



O xoves 14 de maio é o momento que todos estamos a esperar, por fin a ACRD Praia do Castelo toma o paso de espallarse máis aló de Muros e para elo queremos dar a coñecer os nosos grupos no exterior. Así o noso obxectivo é encher a Sala NASA, é un reto moi difícil pero témolo que facer, os nosos grupos débense sentir arroupados fóra das nosas terras, por eso esperamos contar contigo, non podes fallar.

Como xa adiantamos, os concertos terán unha entrada de 8 € en adiantado e 10 € na taquilla, esperamos que o vindeiro luns xa estean os tickets na rúa e será nese mesmo día cando confirmemos os lugares de venda.

Deixamosvos, a seguinte información:

XOVES, 14 DE MAIO - CASTELO ROCK EXPRESSO

Sala NASA - Santiago D.C. (ao lado da Piscina do Campus Sur)

Actuación de:

Kogito, Doomsday Clock e Trapos Sucios

Entradas:

Adiantado: 8,00 €

Taquilla: 10,00 €

Puntos de venda (por confirmar)

Horario de comezo dos concertos: 21h30

Apertura de portas: 21h00

Patrocina: Estrella Galicia

Medio Oficial: Estudio 3 - Radio Galega Música

sábado, 21 de marzo de 2009

EXCURSIÓN SALAMANCA-CELTA. 04 E 05 DE ABRIL*




PREZO: 35 € (BUS + 1 NOITE EN COLEXIO MAIOR + ENTRADA) Se alguén quisera durmir nun hotel, pagaría a diferencia.

INSCRIPCIÓN: INGRESANDO OS 35 € NA CONTA DO BANCO DE GALICIA DE MUROS 0097-8991-39-0601035639, facilitando o teléfono e avisando ao 629563342, pepalobacelta@yahoo.es ou no Muradana.

Saída: De Muros, o sábado, 04 de abril ás 05.30 h., pasando por Santiago e Ourense.

Volta: Domingo, 05 despois do partido ou ás 18.00 h.

Data límite inscripción: Luns, 30 de marzo *Sempre e cando haxa o nº mínimo de xente para o bus.
Organiza: Peña Muradana Celtista "Cuadrilla de Pepa A Loba"


jueves, 5 de febrero de 2009

THE


Pois nada, un grupo da terra que anda a pegar forte. Aqui vos deixamos uns enlaces para que poidades escoitar o que fan.

a regueifa
my espace THE



E se tendes tempo, e gostades, non estaría de mais que lle désedes o voso voto no

proyectodemo

lunes, 19 de enero de 2009

IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Na Vila de Muros, do 8 ao 12 de xullo do 2009 tera lugar o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Deixamosvos uns enlaces onde falan os que saben disto, e onde podedes ver fotos de anteriores edicións.

Singradura da Relinga
Homes de Pedra en barcos de Pau
Fedreación Galega pola Cultura marítima e Fluvial (FGCMF)



Cartel: Fernando Rei.