sábado, 10 de diciembre de 2011
Easy to be hard.
Temazo do grupo Three Dog Night co que abre a fascinante e inquedante pelicula "Zodiac". 
jueves, 8 de diciembre de 2011
miércoles, 10 de agosto de 2011
Romaria da Peña 2011
Boas, 
lembrarvos que o próximo sábado, 13 de agosto terá lugar a Romaría da 
Peña, como sempre con comida e bebida gratis para todo o mundo. 
Precísanse 
voluntarios e voluntarias para organizar un pouco a cousa. Encargar as cousas, 
levalas, etc. Todos e todas que estedes pola labor de colaborar podedesvos por 
en contacto no correo da Peña ou con Marco. Este xoves imos ter unha 
reunión no Muradana ás 21 h. 
A festa de noite  terá lugar o sábado, 20 de 
agosto. Estanse a encargar Conchita  e Luís. Nuns días saberemos o lugar, hora e prezo . 
Unha aperta, Marco.
lunes, 4 de julio de 2011
Muros mira ao Mar 2011
No blog Muros mira ao Mar tendes a programación completa destas xornadas. Que as disfrutedes.
jueves, 10 de marzo de 2011
APOIO O R.C. CELTA
Dende a Federación de Peñas, fan un chamamento a Afección  para encher o Estadio o vindeiro sábado.
| O  Celta regresa a Balaídos cunha soa idea, volver gañar.  Recibe este sábado (18.00 horas) ao VillarrealB con baixas, coa dor das dúas  derrotas sufridas, pero co ánimo enteiro e unha esperanza, que a súa afección  lle axude a levantarse. Co obxectivo de multiplicar o imprescindible alento da  bancada, de xerar un grande ambiente, o club pon a disposición dos seguidores  entradas para Marcador a só 10 euros. | 
| Cos  obxectivos de que Balaídos rexistre unha boa entrada, que  lle tenda a man ao equipo para axudalo a incorporarse tras os seus dous últimos  tropezóns, o club mantén os prezos habituais e lanza unha oferta especial  para Marcador. Os afeccionados poden adquirir entradas para esa bancada por tan só dez euros, un notable desconto para que Balaídos rexistre un grande ambiente, unha nova onda celeste, nun partido de moita esixencia para un Celta que ten a necesidade de gañar. Haberá ademais canóns de serpentinas nos asentos desa bancada co fin de xerar un ambiente festivo que contaxie ao resto do estadio e ao propio equipo, que debe erguerse canto antes para seguir mantendo a súa posición de privilexio na táboa. Os prezos das entradas oscilan entre os 10 euros de Marcador e os 45 de Tribuna. As entradas de Río Alto e Baixo poden adquirirse por 35 euros, as de Río Baixo Lateral, Preferencia e Gol por 30 e as de Fondo-Preferencia Lateral por 15 euros. A oficina de aboados estará aberta de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas. O sábado abrirá de 16.30 a 18.00 horas. Os despachos do estadio permanecerán abertos o día do partido dende as 10.00 ata as 18.00 horas de xeito ininterrompido. | 
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
 
 



