PRESENTACIÓN DO CARTEL 2008, QUE A ESPERA MEREZA A PENA
O 21 de maio de 2008, deuse a coñecer a composición de grupos para a VI edición do Festival Castelo Rock, despois de meses de espera e inquedanza os cabos do navío xa están atados.
Na xornada do venres 8 de agosto, actuarán (a orde e horarios non se corresponden cos que seguen):
- Salida Nula, grupo de ska madrileño que presentaron o pasado ano o seu disco “Esto no es un Juguete”
- LaMatumbá, o grupo galego de moda nos últimos anos presentará o seu recente traballo “Paraugas Universal”
- Jabón Blue, despois do éxito do pasado ano, neste 2008 presentarán By the White, disco publicado nos últimos meses que esta a recibir unha boa crítica.
- Nao, o grupo da Estrada desembaracará no CR 2008 co seu impresionante traballo “As Palabras Espidas” que se converteu nun dos mellores traballos discográficos galegos do 2007.

Para o sábado 9 de agosto, subiranse ao escenario:
- Barricada, nada que dicir do grupo navarro, quizais o mellor referente do rocanrol no estado español.
- Porretas, os de Hortaleza percorren cada ano os festivais máis importantes e dende mediados do noventa convertéronse nun dos principais grupos do chamado rock urbano.
- Kambotes, o grupo de Rodeiro (Pontevedra) ven de xuntarse neste 2008 despois dun parón de varios anos.
- Trapos Sucios, os muradáns levarán a nosa terra na súa actuación presentando algún tema novo.

E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!