miércoles, 24 de diciembre de 2008
sábado, 13 de diciembre de 2008
O futbol base do Celta. Charla con Vlado Gudelj
Charla: O futbol base do Celta
Lugar: Casa da Cultura de Muros
Data: Luns, 15 de decembro.
Hora: 19,15 h.
Participarán Vlado Gudelj, Toni (coordinador das categorías inferiores), os xogadores Dani Abalo e ún do filial por determinar.
Ao rematar, tomaremos uns pinchos no Muradana.
Saida autobuses para nenos/as.
De Esteiro: Bar Plácido, ás 19,00 h.
De Louro: Correos, ás 19,00 h.
viernes, 12 de diciembre de 2008
CASTELO ROCK EXPRESSO 2008
- Doomsday Clock, grupo do Concello de Muros que se estrean en directo.
O concerto será de balde, coa aperutra de portas dende as 23h00. Recorda que contas co servizo de transporte nocturno Noitebús (+ info www.muros.es)
Un saúdo e esperamos contar coa túa presenza,
jueves, 20 de noviembre de 2008
"Mes do Magosto"

Estimados socios e estimadas socias:
Non a pornografia infantil
martes, 11 de noviembre de 2008
I Concurso de Redacción Infantil

PEÑA MURADANA CELTISTA “CUADRILLA DE PEPA A LOBA”
HOTEL A MURADANA
AVDA. CASTELAO, S/N
15250 MUROS (A CORUÑA)
CIF: G-15452303
Pepalobacelta@yahoo.es 629-563342, 635566880
A A.C.R. Peña Muradana Celtista “Cuadrilla de Pepa a Loba” convoca o I Concurso de Redacción Infantil, cuxo tema, para os residentes en España, é: ¿Como crees que viven os nenos e as nenas do Altiplano Boliviano? e para os residentes en Bolivia: ¿Que é para ti a Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba?. Este Concurso está composto de dous premios, coa finalidade de promover a creación dunha literatura para nenos e nenas que fomente o gusto pola escritura e lectura, e transmita uns valores humáns, sociais e culturais que axuden a construir un mundo máis digno.
Este premio concederase de acordo coas seguintes bases:
1 Poderan optar ao premio para residentes en España todolos nenos e todalas nenas dos 6 aos 9 anos, calquera que sexa a sua nacionalidade ou procedencia, sempre que a redacción esté escrita nunha das linguas oficiais do estado español e sexan orixinais (no caso de optaren polo euskera ou o catalán acompañadas da traducción ao galego ou castelán). Ao premio para residentes en Bolivia poderán optar todolos nenos e todalas nenas dos 6 aos 9 anos, calquera que sexa a sua nacionalidade ou procedencia, sempre que a redacción esté en castelán, quechua ou aymara (no caso de optaren polo quechua ou aymara acompañadas da traducción ao galego ou castelán). Non poderán optar ao premio familiares directos dos membros do xurado.
2. A extensión da redacción será de 1 páxina e non poderá exceder en 100 palabras. Cada orixinal irá asinado con pseudonimo, acompañado dun sobre pechado con nome, apelidos, enderezo e teléfono ou un correo electrónico de contacto.
3. Os orixinais remitiranse ao seguinte enderezo:
A.C.R. PEÑA MURADANA CELTISTA “CUADRILLA DE PEPA A LOBA”
HOTEL A MURADANA
AVDA. CASTELAO, 99
15250 MUROS
Indicando claramente: para o I Premio de Redacción Infantil Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba.
Publicada a resolución, a asociación convocante reservase o dereito de custodia ou destrucción sen que caiba nengunha reclamación neste senso. A organización non se fai responsable das tardanzas ou calqueira outra circunstancia que poida afectar aos envios das obras participantes nos premios.
4. O prazo de admisión das redaccións pecharase o 15 de decembro de 2008. Admitiranse todolos traballos recibidos ata esa data ou cuxo cuño de correos sexa previo a mesma. Polo feito de presentárense ao concurso, os/as autores comprométense a non retirar a sua obra unha vez presentada ó concurso.
5. O xurado será nomeado pola Asociación convocante, estará composto por dous membros da Asociación, e por dous profesores, a poder ser de literatura, que exerzan no Concello de Muros e a sua composición non se fará pública ata o mesmo día da concesión do premio.
6. A decisión do xurado será inapelable.
7. O xurado estará facultado para resolver calquera cuestión que xurda e non esté establecido nas presentes bases.
8. Establécense 2 premios de 150 €, en material escolar cada un, a repartir entre o gañador e a súa aula a partes iguais. (75 € alumno e 75 € a aula á que pertence).
9. Os gañadores ou gañadoras ceden o dereito exclusivo de explotación, á A.C.R. Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, para todo o mundo e no plazo máximo legal establecido.
10. A Asociación convocante reservase o dereito de publicar calqueira redacción que se presente ao concurso que, non resultando gañadora, resultase interesante.
De acordo co disposto na lei organica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamoslle que os datos dos participantes poden ser incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable a A.C.R. Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, autorizando o seu tratamento automatizado para a sua utilización con fins informativos, promocionais e estadísticos por parte desta. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose o seu tutor ou tutora por escrito, xuntando fotocopia do D.N.I., a A.C.R. Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, Hotel a Muradana, Avda. Castelao, 99, 15250 Muros. Os datos que nos facilite poderán ser utilizados con fins comerciais, incluida publicidade por medios electrónicos, ás entidades que teñen vínculo con esta Asociación. Se vostede non o dexesa, por favor comuníquenolo.
miércoles, 29 de octubre de 2008
miércoles, 15 de octubre de 2008
Festival Solidario “Todos con Bolato”
Sin entrar a valorar o sistema xudicial, consideramos que non é de recibo que un directivo dunha asociación, quen sacrifica moitas horas da sua vida privada por favorecer o lecer dos demáis, e unha asociación que lle dá nome e prestixio ao concello, tivesen que soportar un quebranto económico por un desgraciado accidente.
Outra posibilidade para recadar fondos vai ser a habilitación dunha fila 0 por si alguén que non poida asistir ao evento quere colaborar económicamente. Para elo está aberta a conta 2091-0338-29-3040004796 en Caixa Galicia de esteiro a nome de Festival Solidario Carrilanas de Esteiro.
Que disfruten da velada.
Marco Antón Loxo Vilas
COMISION ORGANIZADORA DO FESTIVAL SOLIDARIO CARRILANAS DE ESTEIRO. “TODOS CON BOLATO”
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMA
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
FESTIVAL SOLIDARIO CARRILANAS ESTEIRO
SÁBADO 18 DE OUTUBRO DE 2008
A PARTIR DAS 18,00 H. PASARRUAS CA CHARANGA “NBA”.
ENTRADA SOLIDARIA: 2 €.
PAVILLON DEPORTIVO DE ESTEIRO
EXPOSICIÓN DE CARRILANAS DE GERENTE.
18,00 H. GRUPO FOLKLORICO XIMIELA
18,30 H. GRUPO FOLKLORICO XEITURA
19,00 H. CORAL SANTA MARIÑA DE ESTEIRO
19,30 H. GRUPO FOLKLORICO GALANIA
20,00 H. CORAL POLIFONICA DE LOURO
20,30 H. CORAL DON DIEGO DE MUROS
AS 21,00 H. CHARANGA “OS CABERNICOLAS DO LEIRADAL”
CAMPO DE FUTBOL DE ESTEIRO
CONCERTO DE ROCK PRESENTADO POR MANOLO LAGO (TARUJO)
AS 23,00 H. SUISS
AS 24,00 H. TRAPOS SUCIOS
AS 01,00 H. U-TRES
AS 02,00 H. METRALLA
E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!
jueves, 9 de octubre de 2008
Totora- K.
jueves, 2 de octubre de 2008
viernes, 19 de septiembre de 2008
jueves, 4 de septiembre de 2008
Cea Solidaria
O próximo sábado, 6 de setembro, a Asociación Cultural Círculo de Recreo Náutico Muradán organiza unha cea solidaria na que se aportarán 5€ para axudar a financiar o novo edificio do comedor de Totora-K (Bolivia).
Animade aos vosos coñecidos e vosas coñecidas. CEA SOLIDARIA DATA: SABADO, 06 DE SETEMBRO HORA: AS 22,30 H. LUGAR: RESTAURANTE A DÁRSENA INSCRICIÓNS: NO CÍRCULO DE RECREO 981826034, NO DÁRSENA 981827664 OU EN PREZO: 35 € (5 € DESTINARANSE PARA AXUDAR A FINANCIAR O NOVO EDIFICIO DO COMEDOR DE TOTORA-K, BOLIVIA, QUE SUPERVISA O MISIONEIRO MURADAN FRANCISCO DUBERT). |
jueves, 10 de julio de 2008
Actividades verán
TODALAS ACTIVIDADES ESTÁN ABERTAS A TODO O MUNDO
AEROBIC NA PRAIA:
Os fins de semán a partir do 16 de xullo, salvo os días nos que se organice unha actividade. Sempre e cando se xunte un mínimo de 15 persoas.
Lugar: Praia do Espadanal
Hora: 20.00 h. A hora irase adiantando a medida que diminua a luz solar.
XIII ROMARIA:
Como sempre, a comida e bebida correrá por conta da Peña.
Lugar: O Ancoradoiro
Data: 9 de agosto
Hora: A partir das 12.00 h.
FESTA INFANTIL NA PRAIA:
Lugar: Praia do Espadanal
Data: 17 de agosto
Hora: Ás 18 h.
CEA-BAILE INICIO TEMPADA:
Pagarase 10 € de inscripción. No Muradana. 5 € destinaránse para Totora-K (Bolivia)
Lugar: Círculo de Recreo Náutico Muradán
Data: 23 de agosto
Hora: Ás 22.30 h.
Para poder calcular a comida a encargar, a data límite de inscrición será o venres, 22 de agosto.
Muros Mira ao Mar.

Deixámosvos aquí un enlace onde podedes atopar a programación das Xornadas Muros Mira ao Mar. Que as disfrutedes e pasadeo ben.
V Xornadas Cultura Mariñeira. Muros 10,11,12,13 de xullo 2008.
miércoles, 2 de julio de 2008
jueves, 19 de junio de 2008
Campus verán do Celta
Para máis información sobre o Campus, visitar a páxina da Fundación Celta cuxo enlace tendes neste blogue.
jueves, 5 de junio de 2008
miércoles, 4 de junio de 2008
Cea de Giovanella
A Xunta Directiva da FEDERACION DE PEÑAS DO REAL CLUBE CELTA DE VIGO SAD, informalle que a celebración da cea de despedida a Giovanella, vai ser o proximo venres 13 de Xuño, no Hotel Coia as 22 horas.
Menú
Aperitivo variado
(empanada de zamburiñas, xamón serrano, canapés artesáns, luras á romana)
Langostinos duas salsas
Entrecot á prancha
c/ bouquetier de legumes e champiñones
Torta de froitas
Bebidas, Café e licores
32 €
Chama os telefonos: 609856495 ó 636470057
Ata o dia 8 de Xuño.
lunes, 2 de junio de 2008
Nota de prensa da Federación de Peñas
Que a Xunta Directiva da Federación de Peñas, non ten un portavoz oficial, sendo a Presidenta a que ten a potestade para efectuar as declaracions que crea oportunas en nome da Xunta Directiva.
Que ante as declaracions efectuadas polo Presidente da Peña Celtista Rikitri, estas son a título persoal e en ningún intre a Federación de Peñas e responsable das mesmas.
Sin nada mais que informar e quedando a súa enteira disposición, aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
Asdo: A Xunta Directiva. Vigo 2 de xuño de 2008.
jueves, 29 de mayo de 2008
AVANCE VI EDICION FESTIVAL CASTELO ROCK
PRESENTACIÓN DO CARTEL 2008, QUE A ESPERA MEREZA A PENA
- Salida Nula, grupo de ska madrileño que presentaron o pasado ano o seu disco “Esto no es un Juguete”
- LaMatumbá, o grupo galego de moda nos últimos anos presentará o seu recente traballo “Paraugas Universal”
- Jabón Blue, despois do éxito do pasado ano, neste 2008 presentarán By the White, disco publicado nos últimos meses que esta a recibir unha boa crítica.
- Nao, o grupo da Estrada desembaracará no CR 2008 co seu impresionante traballo “As Palabras Espidas” que se converteu nun dos mellores traballos discográficos galegos do 2007.

- Barricada, nada que dicir do grupo navarro, quizais o mellor referente do rocanrol no estado español.
- Porretas, os de Hortaleza percorren cada ano os festivais máis importantes e dende mediados do noventa convertéronse nun dos principais grupos do chamado rock urbano.
- Kambotes, o grupo de Rodeiro (Pontevedra) ven de xuntarse neste 2008 despois dun parón de varios anos.
- Trapos Sucios, os muradáns levarán a nosa terra na súa actuación presentando algún tema novo.
E COMO SEMPRE O DE SEMPRE........! MAIS CA NUNCA, HALAAAA SEELLLTTAAAAA!