Dende a Federación de Peñas, fan un chamamento a Afección para encher o Estadio o vindeiro sábado.
O Celta regresa a Balaídos cunha soa idea, volver gañar. Recibe este sábado (18.00 horas) ao VillarrealB con baixas, coa dor das dúas derrotas sufridas, pero co ánimo enteiro e unha esperanza, que a súa afección lle axude a levantarse. Co obxectivo de multiplicar o imprescindible alento da bancada, de xerar un grande ambiente, o club pon a disposición dos seguidores entradas para Marcador a só 10 euros. |
Cos obxectivos de que Balaídos rexistre unha boa entrada, que lle tenda a man ao equipo para axudalo a incorporarse tras os seus dous últimos tropezóns, o club mantén os prezos habituais e lanza unha oferta especial para Marcador. Os afeccionados poden adquirir entradas para esa bancada por tan só dez euros, un notable desconto para que Balaídos rexistre un grande ambiente, unha nova onda celeste, nun partido de moita esixencia para un Celta que ten a necesidade de gañar. Haberá ademais canóns de serpentinas nos asentos desa bancada co fin de xerar un ambiente festivo que contaxie ao resto do estadio e ao propio equipo, que debe erguerse canto antes para seguir mantendo a súa posición de privilexio na táboa. Os prezos das entradas oscilan entre os 10 euros de Marcador e os 45 de Tribuna. As entradas de Río Alto e Baixo poden adquirirse por 35 euros, as de Río Baixo Lateral, Preferencia e Gol por 30 e as de Fondo-Preferencia Lateral por 15 euros. A oficina de aboados estará aberta de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas. O sábado abrirá de 16.30 a 18.00 horas. Os despachos do estadio permanecerán abertos o día do partido dende as 10.00 ata as 18.00 horas de xeito ininterrompido. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario